O boxeo galego afronta este venres en Vigo (As Travesas 21.00) un momento histórico xa que por primeira vez un púxil do país disputará un Mundial en casa. O protagonista será o vigués Iván Pozo, que combaterá contra o arxentino Omar Narváez no Mundial do peso galo nunha velada que será televisada para Europa e Latinoamérica. O visitante é o favorito, xa que non coñece a derrota e busca unha marca absoluta de defensas do cinto, mentres que Pozo conta con opcións pola súa clase pero tamén como representante dun boxeo, o galego, que poucas veces acadou o recoñecemento que merecía o seu esforzo e que segue a dar grandes froitos malia certo silencio mediático que se rachará este venres en Vigo ante milleiros de persoas
Tags: boxeo iván pozo omar narvaez munidal nosa terra